O plan de compostaxe da Deputación de Pontevedra chega aos centros educativos

PONTEVEDRA> Incluír aos escolares da provincia no programa de compostaxe da Deputación de Pontevedra. Ese é o próximo obxectivo da institución que se materializa ca firma do convenio co Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, que será o encargado de contactar cos centros para crear con eles actividades como o Primeiro Congreso de Educación Ambiental.

 

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra asinaba esta mañá un convenio co Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia para extender o seu programa de compostaxe tamén aos centros escolares de primaria e secundaria. Concienciar á comunidade educativa e chegar a todos os centros da provincia é o seu obxectivo durante esta lexislatura.

O convenio que ten vixencia ata fin de 2016 ten un custe de 80.000€ e unha das actividades máis innovadoras é o I Congreso de Educación Ambiental sobre residuos na que os propios alumnos serán os que expliquen aos alumnos doutros colexios os seus proxectos de tratamento do lixo.

Mosquera tamén informou de que o curso de mestre composteiro terá finalmente recoñecemento oficial como Curso de Especialización da universidade e que o seguinte paso será realizar unha serie de convenios con distintas asociacións veciñais.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/30/convenio_mosquera.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/30/convenio_mosquera.mp4{/flowplayer}