Rituais para despedir o ano e dar a benvida ao tan agardado 2021

PONTEVEDRA> Roupa interior vermella, meter un anel nunha copa de champaña ou deixar aberta a ventá. Esas son algúns dos rituais máis típicos para esta noitevella. Pero non son os únicos. Na tenda Aquelarre de Pontevedra teñen numerosos produtos esotéricos para dar a benvida ao novo ano.

Nesta tenda pontevedresa teñen todos os produtos necesarios para dar a benvida ao 2021. Aquelarre leva vendendo dende hai anos diferentes rituais para potenciar os nosos desexos de cara ao novo ano e deixar atrás as malas enerxías. A propietaria da tenda explicounos paso o paso como podemos realizalo.

Este ritual é un dos máis completos que ten esta tenda pontevedresa, pero non é o único.

E para os que queiran algo más sinxelo, en Aquelarre teñen tamén esta vela verde.

Todos estes rituais servirán para deixar atrás este fatídico 2020 e encher o 2021 das tres cousas máis ansiadas por todos. Porque como di a canción, tres cousas hai na vida: Saúde, diñeiro e amor.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí