Os empresarios José Abal e Andrés Quintá reciben a alta médica

[

PONTEVEDRA> Tras 7 días hospitalizado por coronavirus, José Abal Vidal recibiu xa a alta médica.

O empresario de Meis foi despedido entre aplausos por parte do persoal sanitario do Quirón Domínguez de Pontevedra. Abal tiña patoloxías previas pero finalmente conseguiu vencer ao coronavirus.

Outra das boas noticias de hoxe chéganos dende o Hospital Clínico de Santiago. O empresario Andrés Quintá recibiu tamén a alta médica. Nestes momentos o fundador de Extrugasa está a recuperarse xa no seu domicilio.