A Mancomunidade reúnese cos alcaldes para solucionar o problema dos vertidos

    RIBADUMIA> Acabar cos vertidos ao río Umia estase a converter nun dos obxectivos principais dos concello implicados, e agora tamén da Mancomunidade de O Salnés. O seu presidente en función, Gonzalo Durán, reuniuse esta mañá con representantes dos concellos implicados para chegar a un acordo, co que poder solucionar este problema. 

     

    Os concellos de O Salnés ven cada día, dende hai un tempo, como o caudal do río Umia sufre de maneira constantes, episodios contaminantes. Por iso, os representantes dos concellos afectados, reuníronse esta mañá co presidente en funcións da Mancomunidade, para intentar chegar a un acordo, co que conseguir solucionar este problema.

    Unhas sancións que chegaran despois de que os propios concellos avisasen reiteradamente da necesidade de coidar o medio ambiente.

    Gonzalo Durán admitía o comezo desta crise dos vertidos que as sancións debían de ser impostas polos propios concellos, aínda que si os municipios afectados delegaban na Mancomunidade esta última asumiría a responsabilidade.

    Os representantes dos concellos máis afectados, por este vertidos; Cambados, Vilanova, Ribadumia e Vilagarcía coincidiron hoxe na necesidade de unir os seus esforzos para conseguir que os vertidos non continúen manchando o río. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/30/reunion_alcaldes_umia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/30/reunion_alcaldes_umia.mp4{/flowplayer}