Deteñen a catro veciños de A Illa por roubar a un taxista

A ILLA> Catro mozos da Illa de Arousa, detidos como supostos autores dun delito de roubo con violencia a un taxista da vila.

Os feitos sucederon na madrugada do pasado 31 de xaneiro, cando tres mozos solicitaron o servizo dun taxi de Cambados para que os levara á zona de O Pozo. Cando o taxista sacou os cartos para darlles a volta, o que ocupaba o asento do acompañante sacoullo das mans. Os que ían detrás comezaron a berrarlle pedíndolle máis cartos e insultándoo. Tras un forcexeo, os mozos conseguiron fuxir co diñeiro, ao redor de 70 euros. A vítima presentou denuncia na Garda Civil de Cambados, e onte os axentes procedían á detención dos supostos culpables. Todos son veciños da Illa, de 19 e 20 anos, e non teñen antecedentes policiais. Os catro quedaron en liberdade coa obriga de presentarse ante o xulgado de instrución número catro de Cambados cando se lles requira.