Pontevedra estreita lazos co seu campus con medio cento de actividades gratuítas para a cidadanía

PONTEVEDRA> A Universidade de Vigo estreita a súa relación coa cidade de Pontevedra. O concello e a vicerreitoría do Campus pontevedrés veñen de asinar un convenio de colaboración para a realización de medio cento de actividades. Serán temáticas diferentes e todas totalmente gratuítas. A gran maioría serán entre os meses de setembro e decembro.

A cidade de Pontevedra e a Universidade de Vigo estreitan a súa relación. As dúas entidades asinaron un convenio para a realización de cincuenta actividades, relacionadas con eidos fundamentais no desenvolvemento da cidade.

Promoción económica, cultura, educación, deporte, medio ambiente, tecnoloxías… as propostas serán variadas, dende a recuperación da Aula de Teatro e a realización de roteiros pola cidade, pasando por obradoiros como “A educación e o videoxogo”, “Ilustración e acción”, “Fotografía creativa” ou outros relacionados coas áreas de coñecemento de ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas.

Todas as actividades serán gratuítas e os que as finalicen poderán acceder a un certificado homologado para puntuar en oposicións ou procesos selectivos.

O groso das actividades desenvolveranse entre os meses de setembro e decembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí