“Xuntos avanzamos” na inclusión das persoas con diversidade sensorial

PONTEVEDRA> O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá, o vindeiro 14 de decembro, a terceira edición de “Xuntos Avanzamos”. Unha xornada de Diversidade Sensorial na que se analizará como é medrar nunha familia xorda e na que se estudará a toponimia na lingua de signos. Un evento organizado polo colectivo Xoga e no que haberá unha recollida solidaria en favor do Banco de Alimentos.

Informar e sensibilizar á sociedade co obxectivo de traballar pola inclusión real e efectiva. Ese é o obxectivo de “Xuntos Avanzamos”. A terceira edición desta xornada de Diversidade Sensorial chegará o vindeiro 14 de decembro ao Pazo da Cultura de Pontevedra. Un evento organizado pola asociación Xoga e enmarcada no Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Xuntos Avanzamos comezará ás 10:00 e prolongarase ata ás 19:30 horas da tarde. Durante toda a xornada haberá conferencias e mesas redondas nas que se debaterá, por exemplo, sobre como é medrar nunha familia xorda ou sobre o estudo da toponimia na lingua de signos española.

No evento presentarase tamén a nova web de Xoga. A primeira páxina inclusiva para a diversidade sensorial de Europa. A xornada terá entrada de balde e todos os que queiran participar deberán inscribirse antes do 13 de decembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí