VILAGARCIA> O Pazo da Golpelleira acolleu no día de onte o primeiro Galicia foro empresarial. Un encontro no que se deron cita máis de 300 empresarios das comarcas do Salnés, Caldas e Barbanza. O foro nace como un espazo para intercambiar ideas e impulsar negocios.
Nun momento tan complicado para a economía, os empresarios das comarcas do Salnés, Caldas e Barbanza únense para crear o Galicia Foro Empresarial. Un espazo para intercambiar experiencias impulsar negocios que onte tivo no Pazo da Golepelleira en Vilagarcía a súa primeira edición.
No foro participaron máis de 300 empresarios cuxas empresa contan cunha facturación, en global, de máis de 4500 millóns de euros e da emprego a máis de 15 mil persoas. O foro contou coa visita de Ignacio Rivera. O Ceo de Hijos de Riveira compartiu a súa experiencia para axudar a outros empresarios.
Un dos temas tratados no foro son as posibilidades e dificultades que xorden para as empresas trala crise sanitaria.
No acto tamén estivo presente o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación. Francisco Conde destacou a importancia deste evento para incentivar a iniciativa privada, o que suporía un incremento dos postos de traballo.
Os empresarios destacaron como claves para o éxito o traballo, a dixitalización e o coñecemento e adaptación aos clientes.