MEIS> As clases comezarán mañá no colexio de Mosteiro, en Meis. A Consellería de Educación ordeou arrincar o curso a pesares da situación que se vive neste centro escolar, que conta con todo o equipo directivo en corentena despois de que un dos profesores dera positivo por COVID19. Para a comunidade educativa, retomar as clases así é unha temeridade.
A pesares de ter oito traballadores en corentena e á comunidade educativa en contra, as clases comezarán mañá no colexio de Mosteiro, en Meis.
O positivo do director do centro obrigou a confinar ao equipo directivo, á orientadora, a dúas profesoras máis e á conserxe. Dende Educación enviarán substitutos e nomearán un director temporal, pero a situación enche de incertidume a todo o concello.
Máis aínda cando non se sabe o estado das instalacións, despois de que o positivo do director obrigara a suspender toda actividade de xeito precipitado o luns.
A proposta da comunidade educativa é respectar a corentena dos profesores e aprazar o inicio do curso para os 350 alumnos do centro ata o vindeiro 17 de setembro. Ademais, tanto o concello como a ANPA denuncian a falta de comunicación coa Xunta de Galicia.