Alberto Varela: ‘Vilagarcía tiña que ter unha biblioteca para todos os mozos e mozas de Arousa’

VILAGARCIA> A nova biblioteca pública de Vilagarcía xa está rematada. O novo espazo ocupa as antigas instalacións do Liceo Casino, en pleno centro da cidade. Un ambicioso proceso de transformación que se traduciu nunha nova biblioteca ampla, diáfana e moi luminosa. Agora comezará o proceso de traslado de todos os fondos da antiga biblioteca, un proceso que, xa avanzan, será complexo e longo.

Este era o espazo que ocupaba o salón de baile do antigo Liceo Casino de Vilagarcía. Agora é a sala principal da que será a nova biblioteca da cidade. Logo de meses de traballo, a reforma do local loce esta nova imaxe. Unha biblioteca á altura de Vilagarcía, di o alcalde, aberta a toda a veciñanza.

A biblioteca conta con diversos espazos, para estudo ou a rapazada.

O resultado deste proxecto é unha biblioteca ampla, diáfana e luminosa.

O proxecto de reforza estivo liderado por un arquitecto vilagarcián. Da transformación salientou a complexidade para convertelo nun espazo totalmente accesible. Destaca tamén a aposta polo silencio e a tranquilidade que transmite o deseño.

A conversión do Liceo Casino na Biblioteca Rosalía de Castro supuxo un investimento total de 1,7 millóns de euros; 1,2 procedentes de fondos dun plan provincial do anterior goberno da Deputación. Agradeceu o alcalde o traballo da expresidenta Carmela Silva e aproveitou para lanzar mensaxe ao novo goberno popular. 

Logo do Nadal comezará o proceso de traslado de todos os fondos dende a antiga bibliteca a estas instalacións. Un proceso que será longo e laborioso e que dende o concello queren facer sen pechar aínda a antiga sala para que os usuarios non se vexan afectados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí