A confraría de Aguiño considera insuficientes as medidas para afrontar a suba do combustible

RIBEIRA> Descontento no seo da confraría de Aguiño ante as medidas do goberno central para paliar a crise xerada pola suba do combustible. Dende o sector esixían a rebaixa de 35 céntimos como mínimo para o gasóleo profesional así como a exención das cotas da seguridade social durante varios meses.

Trala xuntanza mantida con tódolos socios da confraría, o patrón maior de Aguiño xa trasladou á Federación galega o seu descontento coas medidas adoptadas polo goberno para facer fronte á suba dos combustibles. Considéranas insuficientes con respecto ás demandas que esixía o sector cunha rebaixa mínima de 35 céntimos.

Entenden que reabaixa xeral de 20 céntimos é insuficiente para o sector. Un sector, lembra, que no peor da pandemia seguiu en activo para garantir o abastecemento de produto fresco.

A intención maioritaria do sector é deixar un mes de marxe á espera de que o estado anuncie novas axudas. No caso de non ser así xa adiantan que tomarán medidas e non descartan un novo paro da flota.