Porto do Son segue chorando a morte dos dous mariñeiros do ‘Sempre Güeto’

PORTO DO SON>  O cerqueiro, con base en Portosín, afundíase na tarde de onte, preto de Cedeira. Os falecidos son Francisco Betanzos, veciño da parroquia de Caamaño, e Abdelkabir Aniba, de orixe marroquí, aínda que afincado en Portosín dende hai moitos anos.

Os mariñeiros falecidos son Francisco Betanzos, de 48 anos, veciño da parroquia de Caamaño, e Abdelkabir Aniba, de 45, de orixe marroquí, aínda que afincado en Portosín dende hai moitos anos. O primeiro deles foi rescatado con vida do mar, e trasladado polo Helimer 402 ata a Coruña. Falecía momentos despois no hospital coruñés. O segundo dos mariñeiros falecidos atopábase desaparecido. Nos labores de busca participaron efectivos de Salvamento Marítimo e Gardacostas de Galicia, xunto a varios barcos pesqueiros, lográndose atopar finalmente o seu corpo sen vida.

O resto da tripulación , un total de oito mariñeiros, foron rescatados con vida por outros barcos que se atopaban preto da zona do naufraxio. todos eles están ben aínda que continúan en observacións.

Polo de agora descoñécense as posibles causas do viramento do barco. Regresaba xa a porto despois de participar na campaña do bocarte. Aínda que todo apunta a que puido deberse a un golpe de mar

Un duro golpe e unha nova traxedia para unha localidade como é Porto do Son moi vinculada ó mar como nos dícía o alcalde, Luís oujo.

A corporación celebrou esta mañá un pleno extraordinario e  urxente no que se acordou decretar dous días de loito oficial. Durante este tempo as bandeiras do Concello ondearán a media hasta en sinal de dó polos dous mariñeiros falecidos.

Tratábase de dúas persoas moi coñecidas e queridas na vila. Francisco Betanzos será soterrado mañá, a partir das catro da tarde, no cemiterio parroquial de Caamaño.

En canto ó segundo dos mariñeiros falecidos, tanto o armador do barco, coma o propio patrón maior, manifestaron as enormes dificultades que está a atopar a familia para encontrar un lugar en Galicia onde lle poder dar sepultura de maneira acorde ás súas crenzas relixiosas, facendo un chamamento público para tentar atopar o antes posible unha solución.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí