Pontevedra xa está lista para celebrar o Black Friday

Pontevedra> Pontevedra xa está lista para celebrar un dos días máis agardados do mes de novembro, o black Friday. Moitas tendas xa teñen os descontos ao longo desta semana, outras comezarán o venres 24. Con todo na rúa son moitos os que están organizando as súas compras para desfrutar deste día de rebaixas. O comercio de Pontevedra xa está listo para a celebración dun dos días máis agardados do mes de novembro, o black Friday. Moitos establecementos xa comezaron os seus descontos, coa celebración da Black Week. Na rúa hai xente que non está dacordo coa celebración deste día… E outros que xa aproveitan estes descontos para adiantar os agasallos de Nadal. O comercio tamén está preparado para a celebración deste día e os cambios poden realizarse ata pasado o Nadal. Un día no que aumenta notablemente o número de vendas… E pese a que algúns cren que non beneficia ao comercio local, son moitos os que cren que este Black Friday beneficia a todos. Porque con este día de descontos, o importante é aforrar… Xa o saben, en moitos establecementos xa están coa celebracións da Black Week, pero se queren ir a tiro fixo, este venres 24 de novembro terán o 20 por cento de desconto e practicamente todos os comercios da cidade.