A Deputación adxudica a mellora da estrada entre Rianxo e Burés

RIANXO> A Deputación da Coruña vén de adxudicar as obras da estrada entre Rianxo e Burés. As obras, cun orzamento próximo ós 300 mil euros, suporán unha mellora da accesibilidade da vía aumentando a seguridade de condutores e peóns.

As obras de renovación e mellora da capa de rodaxe executaranse nos tres primeiros quilómetros da estrada DE-7202 entre Rianxo e Burés. Procederase á limpeza da vía e da beiravía para aplicar sobre a plataforma unha capa de asfalto de 5 centímetos de espesor.

O proxecto inclúe tamén a realización de barbacanas que consiste no rebaixe das beirarrúas ns pasos de peóns exietntes co obxectivo de mellorar a accesibilidade dos peóns que fan uso da vía. Por último, procederase á posta a cota das tapas de rexistro e sumidoiros existentes e tamén á reposición das marcas da vía, bordes, pasos para peóns e inscricións, así como as unidades de sinalización vertical necesarias.

O prazo de execución será de cinco meses e o custo da obras ascende a 285 mil euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí