Galicia amplía horarios na hostalería e ocio nocturno a partir desta fin de semana

GALICIA> Alivio das restricións en Galicia. A comunidade recupera a mobilidade nocturna, elimínase o toque de queda para reunións nocturnas e amplia o horario da hostalería e o ocio nocturno. Iso si, continuará sendo obrigatorio presenta-lo certificado covid para poder acceder a calquer local. Ademais, coa vista posta no entroido, deseñouse un protocolo específico. Permítense os desfiles e espectáculos, pero prohibirase fumar na zona do público.

Galicia superou xa o pico da sexta vaga que, segundo os expertos, produciuse entre o 15 e o 18 de xaneiro. A comunidade sitúase agora mesmo nunha fase de ‘estabilización’. A mellora da situación leva á Xunta a alivia-las restricións impostas na previa de fin de ano. A primeira, rematan as limitacións de mobilidade. Ademais, recupéranse os horarios da hostalería e ocio nocturno.

A isto hai que engadir que volve o consumo en barra e que por mesa poderemos sentar 8 persoas en interior e ata 15 no exterior. Ademais, poderán organizarse de novo concertos ou espectáculos de pé. O que non muda é a esixencia en todo momento do certificado covid.

Ademais, na conta atrás para o entroido, a Xunta deseñou un protocolo específico: permitiranse desfiles e espectáculos sempre que se reúnan as garantías sanitarias. Para iso, quedará prohibido fumar, tamén nos exteriores, tanto cigarros convenionais como electrónicos. Ademais, esixirase o certificado covid naqueles eventos nos que se sirva comida ou bebida, con independencia da súa capacidade.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí