Máis de 2 millóns de euros para equipos de alta competición

PONTEVEDRA> Vintecinco equipos da área de Pontevedra asinaron esta mañá cadanseu convenio de patrocinio da Fundación Deporte Galego. O plan está dirixido aos conxuntos de alta competición de Galicia. Este ano, na súa sétima edición, son 132 os beneficiados, entre os que se repartirán case dous millóns e medio de euros.

 

A Fundación Deporte Galego apoiará esta temporada a vintecinco equipos de alta competición da área de Pontevedra. Esta mañá, Xunta, Abanca e representantes dos conxuntos asinaron cadanseu convenio no marco do Plan de Patrocinio.

Agrupación Deportiva Cortegada, Club Xuventude Baloncesto ou Club As Torres son algunhas das entidades da zona de O Salnés que se beneficiarán deste convenio. Un plano ao que se destinan case 2 millóns e medio de euros a repartir entre 132 equipos galegos.

O Secretario Xeral para o Deporte destacou o importante incremento do deporte feminino. Cando arrincou o programa hai 7 anos, foron 28 os equipos que se beneficiaron destes convenios. Nesta temporada, a cifra acadou os 54.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/19/lete_lasa_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/19/lete_lasa_pontevedra.mp4{/flowplayer}