Enorme éxito do concurso ‘Acendendo Nadal’ en Muros

MUROS> A iniciativa é unha das actividades que conforman o amplo e variado programa de actividades para este Nadal na vila. Por segundo ano consecutivo, o concello de Muros decidiu poñer en marcha o concurso ‘Acendendo Nadal’ co que busca involucrar a veciños e comerciantes na decoración da vila. Unha iniciativa novidosa, que está a ter un enorme éxito e que mesmo se veu ampliado a fóra do casco urbano. Outra das actividades máis destacadas do programa de Nadal en Muros é o Ciclo de Teatro dirixido ás familias que se prolongará ata xaneiro. A alcaldesa aproveitou a ocasión para animar a achegarse a Muros e disfrutar das actividades deseñadas dende o Concello para estas datas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí