Todo a punto en Cambados para celebra-lo Capítulo Serenísimo do Albariño

    CAMBADOS > A actuación estelar de Marlene Mourreau na Gala do Albariño abriu o capítulo de grandes concertos que continuará mañá co de Paloma San Basilio. E o domingo chegará Capítulo Serenísimo do Albariño que, coma cada ano, sairá da casa consistorial ás 13:15 h. para dirixirse ó pazo de Fefiñáns, onde serán nomeados os novos cabaleiros e damas do Albariño.

    galadoalbarinomarlene_300_030807__still_001.jpgMarlene Mourreau foi, sen dúbida, a auténtica protagonista da Gala do Albariño 2007. Milleiros de persoas puideron ver de preto á vedette francesa na Praza de Fefiñáns, onde tamén actuaron artistas como o brasileiro Yanko ou o italiano Sandro Giacobe e onde tivo lugar a entrega de distincións a persoas e empresas que destacaron en diversos eidos no último ano. Un ano mais a Gala do Albariño encheu a praza de Fefiñáns, en Cambados.

    Milleiros de persoas se deron cita a pasada noite neste emblemático lugar para segui-las actuacións de importantes artistas internacionais pero tamén para ver a entrega dos premios ás persoas ou entidades máis destacadas do ano en diversas áreas.

    Así, o premio de atención social foi para Rubén Vázquez Rei, o capitán do pesqueiro Montfalcó que rescatou a varios inmigrantes ilegais en Costa de Marfil. Entregoulle o premio o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, Ramón Meiriño. O alcalde de Meis foi o encargado de premiar ó escultor Lucas Míguez, no eido das artes plásticas, mentres que no sector empresarial elexiuse a Percha S.L., galadoalbarino_premiados_200_030807__still_001.jpgunha empresa de construcción de armarios asentada no polígono industrial de Sete Pías. Recolleu recollendo o premio Miguel Méndez de mans da alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña. No eido deportivo recoñeceuse a traxectoria do Cambados de fútbol sala feminino. O seu adestrador, José Isaac Álvarez recolleu o galardón entregado polo alcalde de Cambados mentres que o delegado provincial de Onda Cero Radio recolleu o galardón xornalístico e agradeceu, en nome dos premiados, o recoñecemento.

    Actuacións

    Anque o prato forte da noite foron as actuacións, moi centradas nos grandes musicais, galadoalbarino_sandrogiacove_200_030807__still_001.jpgcoa presenza de Yanko e o seu espectáculo ‘La magia de los musicales’. Os momentos máis románticos da noite chegaron coas actuacións de Ryan Paris e do cantautor xenovés Sandro Giacobe, número un en Europa e Sudamérica con este tema. Pero o momento máis esperado da noite era a actuación da francesa Marlene Mourreau, que encheu a noite cambadesa de sensualidade.

    Fin de semana

    Sensualidade, e elegancia será o que mañá, sábado, aporte Paloma San Basilio na gran actuación do ‘Albariño’. E o domingo terá lugar o Capítulo Serenísimo que, coma cada ano sairá da casa consistorial á unha e cuarto da tarde para dirixirse ó pazo de Fefiñáns, onde serán nomeados os novos cabaleiros e damas. Nesta ocasión investirase a unha soa dona, Belinda Washington, pola súa labor de promoción da festa, e a seis homes, José Ángel Dopico, notario da vila; Amancio Orro, directivo de Air Europa; Adrian McManus, xornalista irlandés que actuará como pregoeiro; José Ramón Meiriño, presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas,; Ramón Reboredo Costa e Roberto verino, modisto e adegueiro.

    Redacción Salnés