O PP de Muros reclama que se aplique a baixada da IBI

    MUROS> O PP de Muros esixe ó goberno municipal a baixada urxente do Imposto sobre Bens Inmobles, en cumprimento do acordo plenario acadado en novembro do pasado ano. Daquela aprobarase unha rebaixa do tipo impositivo do cero coma catro por cento para os bens de natureza urbana e dun cero como tres para os situados en chan rústico. Sen embargo, ata o momento non se ten aplicado esta redución cos consecuentes prexuízos para os contribuíntes. Os populares atribúen esta demora á deixadez do actual goberno municipal.