A CIG convoca ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar a unha folga indefinida contra o preacordo de convenio

PONTEVEDRA> O Servizo de Axuda no Fogar irá á folga indefinida. O sindicato CIG- Servizos anunciou a convocatoria a partires do 2 de novembro. Unha mobilización coa que pretenden manifestar o rexeitamento ao preacordo de convenio asinado por Comisións Obreiras e UXT coa patronal. O documento, aseguran dende a CIG, supón condenar á precariedade ás traballadoras do servizo.

As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar están chamadas a unha folga indefinida a partiers do 2 de novembro. A convocatoria faina o sindicato CIG-Servizos, para amosar o rexeitamento ao preacordo do convenio asinado por Comisións Obreiras e UXT.

Explican dende o sindicato que no documento asinado o pasado 20 de outubro a patronal propuxo crear unha dobra escala salarial con dúas táboas. Algo que, aseguran dende a CIG, provocará importantes diferenzas entre as traballadoras.

Outro punto de desencontro é o relativo aos desprazamentos. O preacordo contempla un incremento dos 0,19 céntimos actuais aos 0,22 por quilómetro. Contía que non cobre os custos de combustible.

Ademais da convocatoria de folga indefinida, o sindicato organizará para mañá xoves concentracións nas catro provincias galegas. Tamén se farán asembleas para informar ás traballadoras, unha delas será en Vilagarcía.