Tres novas empresas no polígono de Barro-Meis

PONTEVEDRA> Tres novas empresas aséntanse dentro do viveiro de emprendedores do polígono de Barro-Meis. Hoxe a presidenta da Deputación de Pontevedra asinaba os convenios coas dúas mulleres que as rexentarán. Sobre o proxecto dun gran centro loxístico do Grupo Froiz no polígono Silva achacou o atraso a herdanza recibida e asegura que pronto asinarán coa empresa.

 

Unha asesoría para proxectos de produción agrícola e gandeira no rural, unha xestoría de ditas producións e unha importadora e exportadora de froitas. Estas son as tres novas empresas que a partir de agora se instalarán no viveiro para emprendedores que a Deputación de Pontevedra ten no polígono de Barro-Meis e que estarán dirixidas por mulleres.

Satisfeita polo nivel de ocupación das oficinas e naves do polígono e o número de solicitudes que xa chegaron á Deputación, Carmela Silva aclarou que o proxecto dun gran centro loxístico do Grupo Froiz en Barro-Meis que fora presentado en decembro de 2014 estivo parado debido as dificultades que atoparon ao substituír ao anterior goberno da institución.

Silva asegurou que o proxecto está en marcha e que moi pronto asinarán coa empresa o convenio correspondente.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/25/sinatura_viveiristas_barro_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/25/sinatura_viveiristas_barro.mp4{/flowplayer}