Alumnos do IES Sánchez Cantón presentan ao alcalde melloras para o río Gafos

Pontevedra> O alcalde de Pontevedra visitou esta mañá o Instituto Sánchez Cantón. O fin desta visita é o de coñecer as propostas que estes estudantes teñen para mellorar o tramo final do río Gafos e a recuperación do muíño de Soler. Unha cita onde estes alumnos, da materia Paisaxe e Sustentabilidade, puideron coñecer os plans que para estes espazos teñen dente o concello de Pontevedra. Os alumnos da materia de Paisaxe e Sustentabilidade do Instituto Sánchez Cantón organizaron nesta xornada un debate arredor de diferentes propostas de mellora que expoñen para o tramo final do río Gafos. Como convidados acudiron o alcalde da cidade, o presidente da asociación ecoloxista Vaipolorío e o presidente da Asociación de veciños de San Roque. Ariadna e Noelia foron as encargadas de dar a coñecer esta iniciativas, centradas na recuperación do río Gafos e na rehabilitación do muíño de Soler. Estas alumnas dixeron que agardaban que o alcalde non fose un deses políticos que só atenden os casos máis mediaticos ao que Lores respondeu facendo unha análise de todo o que se fixo nos últimos anos no Río Gafos. Dixo que en relación á rehabilitación do muíño de Soler faría todo o que estivese nas súas mans. Noelia, a alumna de 3º da ESO quixo rematar a súa intervención lembrando unha frase de Albert Einstein na que di que o mundo non está en perigo polas malas persoas, senón por aquelas que permiten a maldade.