A Marea de Noia propón un cambio nos Estatutos de Serra do Barbanza

    NOIa> A Marea de Noia propón un cambio nos Estatutos da Mancomunidade Serra do Barbanza co fin de adaptalos á nova realidade política dos Concellos. Dende a formación presentouse xa unha solicitude á actual presidenta da entidade, a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, para que se leve a cabo unha modificación dos estatutos. A súa intención pasa por manter tamén reunións con responsables doutros concellos que integran Serra do Barbanza para transmitirlle esta proposta, e así conseguir que tódolos partidos estean representados na asemblea da Mancomunidade.