A Xunta reconstrúe un muro xunto á praia da Arnela

    PORTO DO SON> A Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Infraestruturas vén de iniciar as obras de reconstrución dun muro na estrada AC-550 ó seu paso polo concello de Porto do Son, xunto á praia da Arnela. A actuación, cun orzamento de preto dos douscentos mil euros, ten coma principal finalidade mellorar a seguridade na zona, proporcionando unha rede máis cómoda e segura. As obras serán realizadas pola empresa Construcciones Ponciano Nieto S.L. e terán unha duración duns cinco meses, aproximadamente. Para a construción do novo muro será necesario tamén sanear o terreo actual e derrubar un carril completo, polo que o tráfico na zona estará regulado de xeito alternativo.