BOIRO> O concello de Boiro volve convocar as axudas ó transporte para estudantes. Este ano destinará unha partida de 8 mil euros, o que supón un incremento de máis do 63 por cento con respecto ó anterior exercicio.
A partir de mañá, os estudantes de Boiro poden solicitar as axudas que convoca o concello para sufragar os gastos de transporte durante o presente curso. Divídense en dúas liñas: unha para mozos que cursen estudos postobrigatorios dentro do termo municipal e outra para os que teñan que desprazarse a outros concellos.
O prazo de presentación será de 15 días hábiles e poderán realizarse tanto a través da sede electrónica como no rexistro xeral do concello.
As persoas solicitantes deberán achegar copia da matrícula, copia do contrato de alugueiro e documentación que acredite a nota media e a porcentaxe de créditos matriculados no curso anterior. Dispoñen de toda a información na web do concello.