O Sanatorio Santa María pecha esta semana e obriga a trasladar os seus pacientes

PONTEVEDRA> Tras 72 anos de actividade, o Sanatorio Santa María de Pontevedra pecha as súas portas. E faino, ademais, de xeito inminente. Esta mesma semana, o día 10 de xuño, ten que baleirar as súas instalacións. Así o comunicou onte a Xunta de Galicia á empresa Hestia, propietaria do centro sociosanitario, despois de que a Consellería de Sanidade decidira non renovar a autorización hospitalaria ao sanatorio.

72 anos despois de abrir as súas portas, esta mesma semana o Sanatorio Santa María quedará completamente baleiro. A Consellería de Sanidade comunicou onte á empresa propietaria, Hestia Galicia, que non renovará a autorización hospitalaria.

O día 10 de xuño o centro ten que trasladar aos 58 pacientes que ten na actualidade. Pola súa banda, os 40 traballadores de Santa María terán que ir a un ERTE de seis meses.

O que critican dende Comisións Obreiras son as présas da Xunta por pechar Santa María. E é que recoñecen que xa se sabía que o centro pontevedrés tería que pechar, pero o acordo entre Sanidade e a empresa era que se mantería aberto ata poder trasladar a pacientes e traballadores ás novas instalacións que están a preparar na cidade de Vigo.

Ante esta situación, Comisións Obreiras intentará abrir unha vía de diálogo coa Xunta para intentar que dea marcha atrás nesta decisión. Ademais, sindicato e traballadores comezarán mobilizacións na rúa. A primeira será este xoves ás 11 e media da mañá diante do edificio da Xunta en Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí