O “roteiro Tonucci” invade as rúas de Pontevedra

Pontevedra> Tonucci segue presente na Boa Vila. Dende a Deputación de Pontevedra organizan nas vindeiras semanas uns roteiros que levan o nome deste pedagogo italiano. O obxectivo, que os nenos xoguen pola cidade e reflexionen sobre o que lle faría falta no seu día a día. Os pequenos do colexio Froebel desfrutaron esta mañá dun roteto Tonucci. Unha actividade organizada pola deputación e que corre a cargo da comapañía de Teatro Migallas, quenes se encargaron que estes pequenos pasasen un bo rato. O obxectivo deste roteiro é o de plasmar nun roteiro a filosofía de Tonucci… que as cidades sexan para os nenos. Organizaron todo tipo de actividades nesta xornada, entre elas, un consello onde os máis pequenos puideron dicir alto e claro qué farían eles para mellorar a Boa Vila. E así ao longo de preto de dúas horas estes pequenos percorreron a Praza de España, a Praza de Santa María, Méndez Núñez e Pedreira… diferentes zonas da cidade onde estes pequenos puideron desfrutar as súas anchas sen perigo de tráfico, lugares onde sen dúbida a cidade é para eles, onde eles poden xogar e facer sen impedimentos a súa vida. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/08/roteiro_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/08/roteiro.mp4{/flowplayer}