Feijoo preside a entrega das medallas Anfaco-Cecopesca

    BARBANZA> No acto o presidente da Xunta incidiu na necesidade de que o sector conserveiro galego siga evolucionando da man da I+D+i. O titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, presidu o acto de entrega das medallas anuais que outorga a patronal conserveira, Anfaco-Cecopesca. Un galardón que se concede tódolos anos a aquelas persoas ou institucións que máis teñen apoiado ó sector, así como tamén a aqueles traballadores con alomenos 45 anos na profesión, destacando no desempeño da súa actividade profesional. Os premiados nesta edición foron, coma medalla de ouro, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, e a secretaria de Estado de I+D+i, Carmen Vela; a de prata, o eurodeputado do Partido Popular, Francisco Millán Mon; e a de bronce as traballadoras Olga Losada Díaz, Consuelo París Lema e Josefina Seoane Villar. Foi un acto emotivo que serviu para destacar tamén a importancia do sector en Galicia e da necesidade de seguir apoiándoo. Neste sentido o Presidente Autonómico aludiu na súa intervención á necesidade de que o sector conserveiro galego continúe evolucionando da man da investigación e da tecnoloxía para poder competir contra terceiros países e abrirse a novos mercados.