O PP de Sanxenxo solicita ao goberno local que promova unha reducción do IBI do 20%

    SANXENXO> O voceiro do Partido Popular en Sanxenxo, Telmo Martín, anunciou hoxe aos medios, que no pleno do vindeiro 30 de maio, o grupo popular presentará unha moción específica, na que solicitarán unha rebaixa do IBI do 20%. 

     

    O grupo do Partido Popular en Sanxenxo solicitará o vindeiro 30 de maio, no pleno local, unha moción na que se reflicta a súa petición dunha rebaixa do 20% no Imposto sobre Bens e Inmobles da localidade para que a recadación se iguale á que había no 2012. 

    Ademáis Telmo Martín, tamén avanzou que solicitarán un regulamento de bonificacións de ata oo 90%. O voceiro explicou que os bonificados serán vivendas que carezan de todos os servizos, familias numerosas ou para aquelas que posúan algunha medida de aforro enerxético. 

    O obxectivo desta moción é que o regulamento poida entrar en vigor antes do 1 de xaneiro de 2017. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/11/pp_sanxenxo_impostos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/11/pp_sanxenxo_impostos.mp4{/flowplayer}