Ribeira recupera o festival de murgas que repartirá 6.000 euros en premios

RIBEIRA> Ribeira recupera este ano o tradicional festival de murgas e comparsas que será o acto central do entroido. Repartiranse 6 mil euros en premios e gratificacións posto que as agrupacións inscritas recibirán 200 euros tan só por participar.

Tras dous anos sen celebrarse, o festival de murgas e comparsas volverá ser a estrela do entroido ribeirense. Celebrarase en dúas xornadas: o sábado terá lugar o concurso infantil e o domingo tocaralle a quenda ós adultos.

O sábado 18 terá lugar tamén o concurso de disfraces da hostalería que repartirá 1800 euros en premios. Puntuaranse aqueles disfraces nas categorías indivual, parella e grupos que pasen polos establecementos participantes entre as oito e media da tarde e a unha e media da madrugada.

O luns percorrerá as rúas do centro de Ribeira o Expreso de entroido e pola noite haberá unha sesión musical para a mocidade.

O martes, os máis cativos disfirtarán dunha choqueira infantoil no esapzo de usos múltiples mentres que o domingo terá lugar o enterro do Felipe, elaborado polos usuarios da UAD. Partirá ás sete e media da tarde da Capitanía Marítima. Este non será o final da programación posto que a fin de semana do 25 e do 26 celebrarase o entroido pequeno cunha ruta de tapas, festa infantil e unha actividade moi completa para a mocidade da que darán conta en vindeiros días.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí