A empresa Skidata instalará a nova maquinaria do aparcadoiro do Centenario

RIBEIRA> O concello de Ribeira vén de adxudicar a renovación da maquinaria do aparcadoiro do Centenario á empresa Skidata Ibérica S.L. Implantará un novo sistema de xestión para o pago automático e a xestión integral a través dunha unidade de control.

A empresa Skidata S.L. acometerá a renovación da maquinaria do aparcadoiro do Centenario dotándoa de disposicitos que permitan o pagamento electrónico mediante diversos sistemas como a intrudicón da matrículo ou código Q.R. 

Ademias das vantaxe spar aos susaurios, este novo sistema permitirá optimizar a xestión por parte do concello que disporá cunha unudade de control local con acceso en tempo real ás funcionalidades do sistema. Elaborarase unha base de datos coas lecturas de matrícula, imaxe do vehículo, número de ticket ou abonado e data e hora de entrada e saída.  O importe da adxudicación ascende ós 163 mil euros e a empresa disporá dun prazo de dous meses e medio para a implantación dos novos equipos.

Con esta adxudicación, o concello avanza na renovación integral do aparcadoiro para mellorar o servizo. Súmase á actualización das tarifas e a contratación do servizo de conserxería para abrir as 24 horas.