Noia homenaxeará ás primeiras matronas no Día da Muller

NOIA> O concello de Noia homenaxeará ás dúas primeiras matronas da localidade co gallo da celebración do Día da Muller. Será o sete de marzo no Coliseo Noela nun acto cheo de sorpresas.

Angelita Durán e Pepita ‘A Pola’ foron as primeiras matronas, non só de profesión senón tamén de carreira, que exerceron o seu traballo en Noia. Marcaron un fito nunha época difícil para as mulleres profesionais como foron os anos corenta.

Nesta homenaxe agárdanse moitas sorpresas, grazas á colaboración das familias destas mulleres destacadas. Ademais  o concello aproveitará esta efeméride para proxectar as curtas gañadoras no certame de videocreacións contra a violencia. O pase dará comezo ás sete no coliseo Noela mentres que ás oito e media terá lugar a homenaxe que culminará coa actuación da soprano Esperanza Mara.

4 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí