NOIA> Aproveitando a presenza do goberno galego en Noia, os mariscadores concentráronse na Alameda para facer visible a mala situación que atravesa o sector do mar. Na protesta, convocada por Plademar, reclamaron medidas de apoio para recuperar a produtividade dos bancos marisqueiros.
A iniciativa dos mariscadores de Noia, Plademar convocou a protesta desenvolvida esta mañá na alameda noiesa, para demandar á Xunta medidas de apoio ó sector ante a perda da produtividade da ría.
Entre outras demandas, destacan a necesidade dun plan integral de saneamento das rías ou o protocolo de baleirado dos encoros.
Aínda que a data non favoreceu a afluencia posto que o colectivo de a flote se atopaba a traballar, quixeron aproveitar a presenza do goberno galego na localidade noiesa para visibilizar as súas reclamacións.











