A Deputación investiu 68 millóns de euros en 10 concellos da área de Pontevedra nos últimos 6 anos

POIO>  A Deputación de Pontevedra fai balance dos investimentos feitos nos concellos próximos á capital da provincia. O goberno provincial investiu máis de 68 millóns de euros en 10 municipios da contorna, entre os que figura Poio, Barro, Caldas  ou Moraña. Carmela Silva fala de investimentos ‘fundamentais’ para o impulso destes concellos.

Nos seis anos de bipartito, a Deputación investiu máis de 68 millóns de euros nos concellos da área de Pontevedra. Uns fondos repartidos entre 10 concellos, entre eles, os de Poio, Caldas, Cuntis, Moraña, Barro ou Portas.

Deses máis de 68 millóns, máis da metade corresponden ao Plan Concellos. A través del, executáronse 400 obras. Entre elas, salienta –por exemplo- unha partida para mellora-lo saneamento en Caldas.

En infraestruturas, a presidenta repasou algúns dos proxectos máis ambiciosos da contorna. Puxe especial énfase no da mellora da mobilidade entre Portosanto e Campelo, en Poio, con 2,5 millóns de euros.

A administración provincial destinou outros 8 millóns de euros a outros plans, como o de Reequilibrio, DepoRemse ou Ágora. Uns fondos, di Silva, fundamentais para os concellos e quen os habita.

De cara ao 2022, Silva avanza que os concellos desta zona van recibir máis de 11 millóns e medio de euros, entre o Plan Concellos e o ReacPon. Un investimento ‘como nunca’, asegura a socialista, por parte da Deputación de Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí