PORTODOSON> O PSdeG-PSOE de Porto do Son denunciou ante a Xunta Electoral de Zona unha posible irregularidade cometida polo equipo de goberno no acto de apertura da piscina municipal celebrado o pasado domingo. A voceira desta formación política, Josefa Hermo, indicou que o acto tivo un marcado fin electoralista e, segundo ela, o alcalde, debería saber que este tipo de actos en período electoral están prohibidos, tal e como recolle a propia Lei Electoral. Ademais a socialista non entende tampouco a premura en abrir a instalación, xa que ata o mes de setembro non entrará oficialmente en funcionamento.
Inicio Barbanza - Muros - Noia