IC Boiro critica o resultado das obras do paseo do río Breiro

BOIRO> Iniciativa Cidadá critica as obras do paseo do Río Breiro polo seu alto custo. Di o seu voceiro, Manuel Velo, que a actuación presenta deficiencias posto que a ponte queda inundada coa suba da marea. Non é a primeira vez que Manuel Velo critica o uso de madeira na construción de paseos debido ó alto custo de mantemento e o importante deterioro deste material. Non é a única crítica que dende a formación independente verten sobre o recentemente estreado paseo do Río Breiro posto que cuestionan a operatividade das conexións á rede de saneamento. Entenden que se trata dunha obra innecesaria que obrigou á expropiación de numerosos terreos en zona urbana.