O BNG presenta unha lista para o 28M na que repiten dez dos once concelleiros actuais

PONTEVEDRA> Esta fin de semana, o BNG de Pontevedra desvelou o equipo que acompañará a Miguel Anxo Fernández Lores na busca do seu sétimo mandato como alcalde. Nun acto na alameda, o actual rexedor presentou unha lista con poucas novidades. Nos once primeiros postos, que son os concelleiros que ten na actualidade, só hai unha cara nova: María Xosé Abilleira, que ocupa o lugar de Pilar Comesaña.

Poucas novidades no equipo que acompañará a Miguel Anxo Fernández Lores na busca do seu sétimo mandato como alcalde de Pontevedra. O BNG presentou a súa lista para o 28 de maio en Pontevedra.

Actualmente os nacionalistas teñen once concelleiros. Así, nos primeiros once postos só hai unha cara nova: María Xosé Abilleira, coñecida polo seu traballo á fronte da Asociación de Veciños San Bieito de Lérez. Substitúe á edil de parroquias, Pilar Comesaña, que pasa a ocupar o último posto.

Tamén hai cambios nos primeiros postos. Eva Villaverde, concelleira de Protección Cidadá, pasa do terceiro de 2019 ao segundo, no lugar de Anabel Gulías. Gulías, pola súa banda, será o número 3.

César Mosquera e Demetrio Gómez son o cuarto e o quinto nome da lista, mentres que Carme da Silva, Raimundo González, María Xosé Abilleira, Xaquín Moreda, Carme Fouces e Alberto Oubiña ocupan, por este orde, os postos dende o 6 ata o 11.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí