PONTEVEDRA> A capital da provincia presentou hoxe E-Ponte.com. O novo marketplace que ofrece a todos os veciños os produtos e servizos comerciais da cidade á un só click. A plataforma de compra online conta xa con 115 establecementos adheridos.
Pontevedra conta xa cunha web municipal de comercio online. E-Ponte.com permite a todos os veciños e veciñas coñecer todos os servizos comerciais que ofrece a cidade. E todo á distancia dun só click. A través desta web, os pontevedreses poderán mercar produtos e tramitar reservas de citas.
Polo de agora, E-Ponte.com conta con 115 comercios adheridos pero os establecementos locais poden seguir sumándose a esta nova iniciativa.
Ademais de ofrecer unha gran variedade de produtos e servizos comerciais, esta páxina está tamén vinculada coa web da Praza de Abastos.
En canto os envíos, os prezos varían en función do código postal e o peso do artigo. A nivel local, o envío terá un custe de 2,99 euros por un paquete de 10 quilos.
Os comerciantes da cidade ven esta ferramenta como unha nova oportunidade para aumentar as súas ventas. Sobre todo tendo en conta as consecuencias negativas que trouxo a pandemia nos seus establecementos.
A web E-Ponte.com está enmarcada dentro da plataforma #PonteLovers e para a súa execución contouse cun orzamento de 8.000 euros.