Sanxenxo convertese na vila de Galicia con máis distintivos Q de Calidade

    SANXENXO> Sanxenxo é a vila de Galicia, que máis distintivos Q de Calidade Turística acumula. Así se demostrou este luns na entrega dos recoñecementos autonómicos. Unha celebración a que tamén asistiron o presidente da Xunta e a Directora Xeral de Turismo, entre outros…

     

    Sanxenxo converteuse este luns no destino galego con maior número de Q de Calidade e no segundo de España… nun acto que se celebrou no Real Club Náutico da vila. 

    Montalvo, Caneliñas, A Lapa, Areas Gordas, Major e Baltar, súmanse este ano as outras tres praias que xa ostentaban este distintivo, Silgar, Areas e Canelas. O alcalde Gonzalo Pita, e o concelleiro de Turismo José Sueiro, recolleron estes seis novos distintivos. En total, esta vila pontevedresa sumou 11 diplomas para servizos públicos, e 24 para establecementos. 

    A nivel autonómico, Galicia é a segunda comunidade con máis distintivos deste tipo, un feito, que segundo as palabras do presidente da Xunta de Galicia, conleva o seu esforzo. 

    Ademais Núñez Feijoo non desaproveitou a ocasión para sinalar a importancia do sector turístico en Galicia.

    A intervención do presidente poñía fin a un acto que reuniu a numerosas personalidades da política e da empresa en Galicia. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/23/feijoo_q_de_calidade_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/23/feijoo_q_de_calidade.mp4{/flowplayer}