O BNG denuncia unha vertedura nun desaugadoiro en Insuela

    RIBEIRA> Dende a formación nacionalista consideran necesario unha actuación urxente na zona pois está a afectar a unha importante zona marisqueira. O corremento contínuo de area que se produce a consecuencia da auga que expulsa este desaugadoiro, co conseguinte traballo para os mariscadores que habitualmente acoden a este banco marisqueiro, que deben afanarse máis nos labores extractivos, así como a elevada mortandade do bivalvo, provocada polo exceso de auga doce, son algúns dos problemas que denuncian os nacionalistas. Para os membros do BNG ribeirense trátase dun prexuízo máis que vén a agravar as xa de por si mermadas economías de moitos mariscadores. Razón pola que solicitan unha actuación inmediata na zona co fin de resolver este problema.