Un debate electoral diferente e único

PONTEVEDRA> Os catro candidatos á alcaldía de Pontevedra enfróntanse mañá a un dos debates máis sorprendentes de toda a campaña electoral. O escenario será o instituto Sánchez Cantón e o moderador Alfredo Fernández, un alumno de tan só 13 anos.

Achegar a política local aos cidadáns. Ese é o obxectivo principal de todos os debates electorais nos que participarán os candidatos á alcaldía de Pontevedra nos vindeiros días. Pero se falamos de debates diferentes e sorprendentes, temos que falar do que se celebrará no IES Sánchez Cantón. O motivo, Alfredo Fernández, un alumno de 13 anos que mañá se converterá en moderador.

Con este debate inaugurase, ademais, a primeira emisora escolar do centro, “Onda Sánchez”.

A pesar da corta idade que ten, Alfredo coñece de cerca a política local e ten claro cal é o obxectivo deste debate.

Un debate diferente e moi interesante no que poderán participar todos os que se acheguen mañá ao paraninfo do Sánchez Cantón ás 17.30 horas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí