Rafa Domínguez (PP) comprométese a recibir na Alcaldía aos veciños que o soliciten

PONTEVEDRA> Nesta sétima xornada de campaña electoral, o Partido Popular de Pontevedra centrou as súas promesas na relación coa veciñanza. O candidato Rafa Domínguez asegurou que, de saír alcalde tralas eleccións do 28 de maio, recibirá a toda a cidadanía que o solicite no despacho da alcaldía. Unha vía directa de comunicación que, criticou, non se está a dar na actualidade.

Este o compromiso que hoxe adquiriu o candidato do Partido Popular de Pontevedra. Con el, Rafa Domínguez quere corrixir un dos déficits que, asegurou, ten o alcalde actual, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores.

O alcaldable do PP pontevedrés explicou incluso cal será o procedemento a seguir. Será suficiente con que o interesado solicite a entrevista a través do rexistro municipal co seu nome, DNI e o motivo da reunión.

Esta proposta conta con posta en escena. A partires de hoxe, onde o PP coloque a súa carpa informativa instalará tamén dous sillóns onde os veciños que o desexen poderán sentar para trasladarlle as súas inquedanzas. Domínguez adiantou que o primeiro en estrealos será o presidente do Partido Popular estatal. Alberto Núñez Feijóo estará en Pontevedra mañá venres.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí