Os Palleiros celebrará o seu mercadiño solidario o 9 de decembro na Praza de Ourense

Pontevedra> A asociación Os Palleiros presentou esta mañá as campañas que levará a cabo neste Nadal. Esta entidade recadará fondos coa venta de calendarios e a celebración dun mercadiño solidario que terá lugar o día 9 de decembro na Praza de Ourense. Estas iniciativas compren un dobre obxectivo: recadar fondos e promover a adopción de mascotas con garantías. Dende a asociación protectora de animais os Palleiros xa teñen todo listo para celebrar o Nadal. Por unha banda esta mañá presentaron o seu calendario, os protagonistas do 2018 serán, tal e como dixo a presidenta desta entidade os malchamados cans potencalmente perigosos. Ademais para o 9 de decembro dende Os Palleiros organizan un mercadiño solidario de 11:00 da mañá a 20:00 da tarde na Praza de Ourense co fin de vender os calendarios e outros produtos que lles axuden a recadar fondos para esta entidade. O calendario véndese por 5 euros o de mesa e sete o de parede. Dende esta protectora contan, na actualidade, con 100 cans nas instalacións de Campañó e 29 en casas de acollidas, 17 cachorros e 4 de biberón. Dende esta entidade anunciaron que no mes de decembro, debido ao Nadal, se paraliza a adopción de cachorros, xa que prefiren asumir ese risco que logo contar con devolucións masivas.