A Redeira, o espazo 100% feminista de Pontevedra

Pontevedra> Dende o concello de Pontevedra presentaron nesta xornada o proxecto da Redeira. Un espazo adicado á muller e feito en feminino. Neste lugar tamén estará situado o CIM, que se converterá nun lugar máis cómodo e agarimoso e que terá como fin orientar ás mulleres para que sexan suxeito de pleno dereito.

O edifico do Concello situado en Santa Clara comeza hoxe as súas obras de reforma no exterior. O fin deste inmoble será crear un espazo por e para a muller.

O CIM, situado neste inmoble, terá un aspecto totalmente diferente, máis agarimoso e agradable para todas as mulleres que necesiten utilizar este servizo que ofertan dende o concello.

Un proxecto, o da Redeira, que terá como fin loitar pola iguladade, que contará con programas e actividades feministas, e que foi deseñado por unha arquitecta que entendeu á perfección o que solicitaban dende o concello. Unha reforma e acondicionamento do inmoble que contará cun investimento total de máis de 80 mil euros destinado a actividade da muller, a inserción laboral, a formación e a conciliación.