O executivo noiés executa as obras da cuberta no parque infantil de Labarta

NOIA> Noia converterase nun dos primeiros municipios da zona en poder dispor dunha instalación deste tipo, permitindo así o seu uso durante os días de chuvia. A cuberta terá un custe duns 40 mil euros, e será financiada, en parte, grazas a unha subvención da Dirección Xeral de Administración Local.

Os nenos noieses disporán en breve dun espazo no que poder  xogar durante todo o ano, independentemente das condicións metereolóxicas existentes.

O Concello está a desenvolver nestes momento unha actuación en Labarta que permitirá a instalación dunha cuberta sobre o parque infantil alí existente. As obras contan cun investimento duns 40 mil euros, e será financiada, en parte, grazas a unha subvención da Dirección Xeral de Administración Local.

O alcalde tamén informou que o Concello ten pendente de adxudicación das obras de construción dun novo parque no entorno da capela de San Lázaro. Neste caso destinado a rapaces de maior idade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí