Noia Histórica sorteará este Nadal un escaparate de tres mil euros

NOIA> Noia Historia sorteará este Nadal un escaparate valorado en tres mil euros entre os clientes dos establecementos asociados. Durante a campaña desenvolveranse ademais numerosas actividades de animación dirixidas especialmente ós máis cativos. Bota a andar a campaña de Nadal promovida por Noia Histórica en colaboración co concello. Aqueles que realicen as súas compras nalgún dos establecementos asociados entrarán no sorteo dun completo escaparate valorado en preto de tres mil euros. Ademais do atractivo do premio, Noia ofrecerá durante estas datas numerosas actividades de lecer que contribuirán, sen dúbida, a dinamizar as vendas. Un dos principais atractivos será a pista de xeo que por primeira vez se instalará na alameda. Pero sen dúbida, un dos aspectos desta campaña será o seu carácter solidario. Noia Histórica colocará huchas en tódolos establecementos colaboradores para que os clientes poidan facer os seus donativos. Tódolos fondos recadados irán destinados á campaña de xoguetes da Cruz Vermella.