Caridad González tende a man ó PP para conformar un goberno alternativo

    MUROS> A voceira socialista de Muros amósase moi crítica coa xestión do actual goberno municipal. No seu paso polo programa de entrevistas Pleno Aberto,Caridad Gonzáleztendeu a man para a conformación dun goberno alternativo. Di, sen embargo, que esta decisión correspondería ó PP como líder da oposición. A pesar de que o PSOE facilitou a investidura da alcaldesa de Compromiso por Galicia, a voceira socialista critica duramente a xestión ó longo deste primeiro ano de lexislatura. Considera que as prioridades do goberno non coinciden coas do pobo de Muros. E vai máis aló afirmando que o seu modo de gobernar está a crear conflitos con outras institucións como Portos ou Augas de Galicia e mesmo cos propios traballadores municipais. Deste xeito, Caridad González abre a porta ás negociacións co Partido Popular para conformar un goberno alternativo aínda que recoñece que, de momento, non se ten dado ningún paso. Por último, a portavoz socialista critica a falla de información por parte do goberno a pesar da súa insistencia sobre a transparencia cando estaban na oposición.