Os sanitarios protestan polo peche de camas

PONTEVEDRA> Protesta dos traballadores sanitarios de Montecelo polo peche de camas do verán. Os tres sindicatos do hospital, UXT, Comisións Obreiras e CIG, mobilizaron ao persoal diante da entrada do complexo para pedir máis inversión en sanidade pública ou a ampliación do hospital.

 

Os traballadores sanitarios do hospital de Montecelo concentráronse este mércores diante da porta principal do complexo para protestar polo peche de camas que se prevé para o verán. 

Os sindicatos quixeron reunir nesta concentración varias das reivindicacións que levan realizando dende hai un ano e acusan á xerencia da paralización e os procesos.

Dende os sindicatos plantexan unha asemblea na que reunir aos traballadores para decidir entre todos cal é o seguinte paso.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/08/protesta_hospital_montecelo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/08/protesta_hospital_montecelo.mp4{/flowplayer}