Unha veciña de Rubiáns denuncia o abandono no que se atopa o rueiro no que vive

    VILAGARCIA> Os veciños de abaixo están a vivir un autentico calvario, no que abundan ratas e serpes entre outros… unha das veciñas do lugar recurriu as redes sociais para denunciar publicamente a situación, que están a vivir neste rueiro pertencente a concello de Vilagarcía. 

     

    María Dolores leva vinte anos vivindo nun rueiro de Rubiáns de Abaixo en Rubiáns de Arriba, pertencente ao concello de Vilagarcía… o que nun principio era unha convivencia tranquila, rematou por trocar nos últimos anos nunha situación de impotencia ante a continua visita de roedores e reptís procedentes dun terreo veciño, invadido pola maleza. 

    Esta veciña ademais queixase da falta dunha canalización de augas, para evitar a formación de bolsas na rúa que desborden para o seu terreo.

    Unha denuncia que chega despois de varias idas e voltas ao concello de Vilagarcía para atopar unha solución que satisfaga a todos. Por iso, María Dolores non descarta facer unha recollida de firmas para conseguir que o consistorio se faga cargo desta situación, que segundo di e peor que a de fai un ano. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/08/denuncia_vecina_rubians_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/08/denuncia_vecina_rubians.mp4{/flowplayer}