A delegación alemá de Cuxhaven xa está en Vilanova

    VILANOVA> A delegación alemá procedente da cidade de Cuxhaven xa está en Vilanova… esta mañá nun almorzo informativo o alcalde da vila e presidente en funcións da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, afirmou que esta visita servirá para impulsar intercambios comerciais e turísticos. 

     

    O alcalde Vilanova Gonzalo Durán está a exercer estes días de anfitrión da delegación alemán de Cuxhaven que estes días se atopa na vila con motivo do décimo quinto aniversario da sinatura do irmandamento entre as dúas vilas. Entre os visitantes da Baixa Saxonia atópanse políticos e empresarios. 

    A delegación estará na vila ata o día 19 de xuño. Hoxe ademais de Vilanova visitaron Sanxenxo no que mantiveron un encontro co sector turístico da comarca. Segundo Gonzalo Durán estes día de convivencia servirán para impulsar relacións turísticas e comerciais, entre outras. 

    Mañá está previsto que se despracen ata Santiago de Compostela nun tren Alvia. Unha vez alí visitarán o Parlamento de Galicia, onde serán recibidos polo seu presidente, e posteriormente irán ata a Consellería de Economía, Emprego e Industria para manter unha reunión co conselleiro.

     {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/16/visita_alemans_vilanova_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/16/visita_alemans_vilanova.mp4{/flowplayer}